O alumnado visitando o interior das obras do Auditorio.

O alumnado da FP Básica de Mantemento de fontanería e electricidade do IES Chan do Monte realizou unha visita onte ás obras do Auditorio de Marín, unha oportunidade única de aprender nunha situación laboral real e nun momento clave da dotación de todas as instalacións na futura infraestrutura cultural.

Estiveron acompañados polo director de obra e os responsables da Electricidade e a Fontanería, así como polo concelleiro Manuel Santos.

O titor do alumnado agradeceu ao Concello esta oportunidade e recalcou a enorme demanda que existe nestes momentos na construcción, tanto de obra pública como privada, deste tipo de perfís, que acostuman a ter unha porcentaxe de inserción laboral do 100% despois de formarse.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *