Hall do Auditorio de Marín.

A Mesa de Contratación propuxo á empresa Mr Turismo como adxudicataria para a creación dos contidos e a dotación dos elementos necesarios para por en marcha a futura Ofi cina Virtual de Turismo, unha aposta pola dixitalización e a creación de contidos de calidade a nivel turístico para a nosa vila.

A inversión que se realizará será de cerca de 230.000 euros. Realidade virtual, vídeos de alta calidade, pantallas multitarefa tanto na propia Ofi cina como en lugares estratéxicos da vila onde se poidan explorar os atractivos turísticos de Marín, experiencias inmersivas, mapas interactivos… son algunhas das cuestións que se recollen no prego como parte do traballo que deberá desenvolver Mr Turismo.

“Queremos unha ofi cina do século XXI, que nos permita ofrecer ao turista todo o que temos dunha forma dinámica, inmersiva, axudándolle a namorarse de nós nada máis chega a Marín”, afi rmou a rexedora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *