Alcaldesa e concelleiros con los periodistas que cubren la actualidad local.

A convocatoria a medios, que xa é tradicional polas datas de Nadal, supuxo un repaso ás obras máis importantes deste exercicio e a posta sobre a mesa das prioridades de cara ao ano que está por vir

A alcaldesa María Ramallo, acompañada polos concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín, presidiu hoxe o tradicional almorzo informativo á que se convoca aos medios de comunicación con cobertura no noso municipio, co obxectivo de facer un balance da xestión municipal antes do peche do ano.

“2024 foi un ano estable, no que traballamos arreo por manter a mesma liña que comezamos no arranque do mandato”, empezou dicindo a rexedora, que quixo destacar como primeiro punto do balance a aprobación do Orzamento para 2025, que precisamente esta mañá foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra.

“En todos os meus anos, non recordo ter aprobado un orzamento neste prazo e por iso estou orgullosa da xestión, a pesar das dificultades que temos actualmente os concellos a nivel de financiación”, explicou Ramallo. O 2024 en Marín foi, ademais, “un ano de obras, xa que varias que son clave coincidiron na súa execución, pois dependemos doutras administracións e confinanciacións”. A humanización da Avenida de Ourense e Concepción Arenal son as principais, que se suman, en materia de infraestruturas ao Centro Sociocultural, que será unha realidade en maio de 2025, prazo de execución do proxecto.

Melloras no entorno do Carballal, a renovación total dos servicios en Pedreiras ou o arranque das expropiacións da senda peonil do Campo-Pardavila, ou a mellora do pavimento e a ordenación viaria na Barriada Virxe do Carme, son outras obras e actuacións que conformaron o tempo e a xestión deste 2024. Ademais, Ramallo referiuse tamén á presenza da Princesa de Asturias, S.A.R. Dona Leonor de Borbón, na nosa vila. “Por suposto é un acontecemento que marcou este ano e que nos deu unha visibilidade moi grande. De entre todos os lugares que podía ter escollido, decidiu vir, tal e como fixo seu pai, á nosa Escola Naval, o noso Campus universitario, para completar a súa formación militar e iso sempre é un motivo de orgullo para a nosa vila, coa que xa estreitou lazos”.

Por iso, no último Pleno do ano, aprobouse o expediente para nomeala como a primeira Filla Adoptiva da vila de Marín (primeira porque é a única muller en ostentar este título). Ramallo informou de que aínda non hai data para o acto de entrega desta distinción, que será no Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *