A Escola Naval Militar, o campus universitario da nosa vila, xa está en pleno proceso de arranque do seu novo curso e como xa é tradición, a alcaldesa, María Ramallo, recibiu no Consistorio á nova promoción de alumnado que iniciará a súa formación como Oficiais da Armada Española, pero que tamén cursarán os estudos do novo Grao en Enxeñería de Tecnoloxías Navais para a Defensa.
Esta promoción, composta por algo máis de 160 guardiamarinas, das cales cerca de 30 son mulleres (a promoción que máis mulleres conta no seu haber), foi recibida pola rexedora un Salón de Plenos ateigado. Ramallo desexou ao alumnado “unha boísima estancia na nosa vila, que será a vosa casa durante este tempo” e felicitounos “por chegar ata aquí, cun camiño longo e duro, cumprindo o obxectivo polo que levades traballando e adicando esforzos neste tempo”.
Ademais, a alcaldesa puxo en valor este novo grao universitario, “que se adapta á realidade dun mundo onde a ciberseguridade, a intelixencia artificial, a informática, a dixitalización… son piares fundamentais”.

