No concurso de colleiteiros os premios aos mellores brancos foron para Casa Cañoteira, Casa da Torre e Manuel Collazo
A adega Ardán resultou a gañadora da cata da IXP Ribeiras do Morrazo celebrada hoxe na X edición da Festa do Viño de Vilaboa. Na categoría de brancos presentou dos viños, conseguindo o Ouro e o Bronce; a Prata recaeu na adega Mosteiro de Poio que tamén se fixo cun Bronce na categoría de Tinto. Nesta variedade o Ouro foise para os Areeiros e a Prata para Ardán.
Na cata dos colleiterios o Primeiro Mellor Viño tinto foi para Martín Casa Cañoteira; o Segundo para Jesús Amoedo Casa da Torre e o Terceiro para Manuel Collazo mentras que nos brancos o Primeiro foi Elisa Casa Boullosa, o segundo Manuel Collazo e o terceiro Manuel Conde. En total o xurado, composto por cinco profesionais do sector do viño, evaluou a calidade de 6 brancos e 6 tintos de colleiteiros e 4 brancos e 3 tintos de adegas, que poderán ser degustados polo público en xeral ata ás 17 horas de mañán domingo.
O goberno local agradece especialmente a colaboración de José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural pola súa aportación ao correcto desenvolvemento destas catas, organizadas para poñer en valor a calidade dos caldos locais.
Xunto á degustación dos viños locais, moi dinámica neste primeiro tramo da Festa, o evento completouse coa presenza dun posto de comida no que xa ao mediodía se despacharon un importante número de racións de polbo e churrasco; proposta gastronómica que está complementada pola Pastelería O Laranxo, presente tamén nesta Festa na que ademáis de dulces ofrece racións de empanada de trigo e de millo.
As palilleiras de Vilaboa completan tamén a oferta cultural deste evento, chamando a atención do público co seu traballo artesano e a exposición de traballos que ofrecen dentro da carpa; xunta a elas están outros artesanos de Vilaboa coas súas pezas e propostas.
Tralo concerto de Milladoiro, a programación continúa na xornada do domingo coa apertura das casetas de 12 a 17 horas e a actuación do grupo de gaitas “Aires de Cobres” ás 12.30 horas.