A Deputación de Pontevedra informa a Morrazo Noticias que a obra de mellora da seguridade viaria na estrada O Viso-O Hío e que está adxudicada a Marconsa, comezará á volta das vacacións de Nadal. Concretamente, farao o 10 de abril, unha data que, segundo explican desde o ente provincial, xa tiñan fixada no convenio de construción.
En canto á construción das beirarrúas na Avenida de Lugo, adxudicada a Narom S.L., tamén arrincarán tras as festas do Nadal aínda que non hai unha data concreta. A empresa atópase á espera de que Fenosa retire uns postes. Aseguran que empezarán ao longo do mes de xaneiro.