A alcaldesa, Victoria Portas, solicitou á Xunta unha subvención de 59.300 euros para instalar este parque á altura das novas infraestructuras nese ámbito
O Concello de Cangas proxecta o acondicionamiento dunha área de ocio no ámbito da Choupana, que se irá desenvolvendo por fases, donde se integren as actuais instalacións deportivas e parque infantil existentes con novos espazos, como un skatepark, para crear un ámbito de ocio para todas as idades e de esparcemento para as familias, dentro dun ámbito residencial con moita proxección de poboación infantil e ao cal dá forza a propia escola infantil ubicada na zona.
A subvención solicitada á Xunta permitirá levar a cabo a pista de skatepark, que busca, manifesta Portas, «dar unha alternativa á xuventude de Cangas». A pista é básicamente unha bañeira de profundidade media, entre 70 e 90 centímetros e radio vertical de dous metros. O seu deseño é aberto, con zonas de coping e entrada rodada, curvas de diferentes radios, hips rectos e curvos, e unha zona de meseta central como elemento singular e característico.
Victoria Portas confía en que a concesión de esta subvención por parte da Xunta permita ao Concello de Cangas deseñar o skatepark que a mocidade canguesa precisa para a práctica dun deporte urbán cun gran número de afeccionados na vila.
A situación postpandémica, cunha constatada incidencia na estabilidade emocional da poboación máis nova, anima ao goberno de Cangas a apostar por unhas instalacións novas que reúnan as condicións para que os afeccionados a este deporte poidan traballar a súa autoestima a través dun entrenamento que contribúa á mellorar as súas destrezas e habilidades.