A Conselleira na estación de autobuses de Cangas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a explotación da estación de autobuses de Cangas, ademáis das de Cambados, Ponteareas e Vigo, para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros (sen IVE).

O contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A.
Cómpre lembrar que sendo o prazo do contrato de explotación destas catro estacións de 5 anos, no caso da estación intermodal de Vigo, que actualmente se atopa en execución, o comezo desta concesión quedará condicionado á recepción das instalacións e da súa posta en servizo.

Estas estacións de autobuses foron construídas pola Xunta e concentran a circulación de vehículos que realizan rutas de transporte interurbano na provincia de Pontevedra, principalmente na contorna da cidade de Vigo. De xeito máis concreto, a adxudicataria ocuparase dos servizos prestados nestas estacións, que son aqueles con orixe ou destino en Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo.

No que se refire aos datos de explotación, as terminais rexistran na actualidade máis de 3 millóns de viaxeiros ao ano e preto de 254.000 expedicións con paradas nestes concellos.

Cabe destacar que a Xunta adxudicou tamén este mes as obras de mellora da área intermodal das estacións de autobús e marítima de Cangas, que suporán un investimento de case 400.000 euros, nos que inclúe o acondicionamento do edificio da terminal, das dársenas e dos accesos desta infraestrutura.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí