Elena Estévez e Isolina Villanueva pídenlle ao bipartito de Bueu (BNG-ACB) que planifiquen «dunha vez por todas», os traballos que hai que facer nos distintos areais de Bueu e non se demoren na posta en fucionamento dos servizos básicos. Logo de coñecer a boa nova de que Bueu contará con 5 bandeiras azuis nas praias, a realidade que «un ano máis podemos comprobar, deixa moito que desexar e reflexa claramente a falta total dun plan de actuación por parte do goberno no mantemento das praias». Exemplo, evidente e «vergonzoso» deste «abandono e deterioro», califican, pòdese comprobar en Area de Bon onde a pasarela de madeira está invadida pola maleza, o escalón e tablas do pasamanos están rotas, e «o peor de todo é que a función da pasarela que se colocou para facilitar a accesibilidade á praia, neste momento para poder poñer os pes na area os que temos que planificar e pensar como facelo somos os cidadáns, porque o perigo é evidente». «¿Onde está esa accesibilidade para poder chegar a praia?», pregúntanse dende o PP de Bueu.
Outras deficiencias relatan son: a falta de pintado do espazo reservado ambulancia, aparcamentos minusválidos, mantemento da caseta socorristas e baños, a fonte que se retirou o ano pasado e ainda non se colocou, vertidos de auga pola carretera de baixada a praia sen que por parte do goberno se tomen medidas.
A pesar de que o goberno fai alarde un día sí e outro tamén de que “adican moito tempo a planificar e organizar os traballos, unha vez máis a sua capacidade de planificación e organización, brilla pola súa ausencia». Así, desde o Partido Popular pedimos ao goberno “que planifiquen e organicen unha visita institucional a praia e comproben de primeira man todo o que estamos denunciando”.
Isolina Villanueva sinalou que “es una gran alegría para todos que la playa de la Banda del Río haya conseguido la Bandera Azul y que Bueu tenga 5 este año, pero la realidad es que la mayor parte de las playas tiene numerosos problemas, e incluso esas cinco necesitan que se hagan obras urgentes, puesto que estamos ya a mediados de mayo. La playa de Loureiro, por ejemplo, necesita que se mejore el acceso así como la colocación de toda la cartelería que en algunos casos está dañada y en otras simplemente no existe.
De esto modo, Villanueva destacó en que “es necesario que el gobierno trabaje coordinadamente y no siga con la política de dejar pasar los días”.