Os museos son os espazos nos que a arte reside en cada rincón do mundo. Grazas a eles, cultivamos a nosa parte máis cultural e artística e somos quen de achegarnos ás obras daqueles maestros e referentes que lle deron forma ao noso legado, así como aos novos talentos que seguen a crear. Por iso, o Día Internacional dos Museos, que se celebra ao longo do mundo o 18 de maio, é unha data imperdible na que poñer en valor os nosos espazos museísticos, como é o caso do Museo Municipal Manuel Torres.
Para conmemorar esta data, desde o Concello de Marín pedíronlle a artistas de renome na nosa comunidade e que están unidos dalgún xeito co Museo Torres que nos conviden a visitalo, a coñecelo e a descubrilo.
A través de vídeos que se foron colgando ao longo do día nas redes sociais do Concello, os artistas trasladaron a súa mensaxe de cara á importancia de visitar os Museos e de apoiar á cultura.
O pintor coruñés Pedro Bueno, que actualmente ten no Museo a súa exposición “Retrospectivas”; os pintores Amelia Palacios e Álex Vázquez, a artista Celeste Garrido e o pintor Antón Sobral, son os nomes elixidos para conmemorar este 18 de maio.
Ademais, este ano o Museo Torres ten moito que celebrar, despois da renovación das súas instalacións para facelo máis atractivo, funcional e moderno. Unha renovación que se inaugurou en novembro do 2021 e na que se investiron 45.000 euros por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.