Aínda quedan prazas libres para inscribirse na Xornada Informativa e de Formación sobre o Sector do Mar, que se impartirá en Cangas, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, o martes 14 de xuño ás 12 horas, grazas a unha colaboración entre o Concello de Cangas e o GALP Ría de Vigo- A Guarda.
Se trata dunha sesión informativa para persoas desempregadas maiores de 18 anos, procedentes dos concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Garda, co obxectivo de procurar unha visión sobre as oportunidades de traballo que ofrece o sector do mar, de xeito dinámico e participativo, coa seguinte estrutura:
- Oportunidades do sector
- Oficios do mar (pesca, marisqueo e acuicultura)
- Titulacións, centros de formación e saídas profesionais
- Recursos para a busca de emprego
 A duración estimada da xornada será de entre 1 hora e 30 minutos e dúas
 horas, e as prazas son limitadas.
 As persoas interesadas en acudir a esta actividade, de carácter gratuíto,
 deberán inscribirse antes do día 31 de maio, facilitando os seus datos
 persoais (nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, correo electrónico e
 lugar de residencia) a través de correo electrónico
 ( orientacionlaboral@cangas.gal ) ou ben a través dos seguintes teléfonos
 986 301 371 ou 986 30 46 50.

 
                    