Portal do edificio donde apareceu a muller morta. GOOBLE MAPS.

Unha muller de mediana idade aparece morta no interior do portal dun edificio de Cangas, concretamente do situado na rúa Redondela, 3. Segundo informa a Garda Civil, que compareceu no lugar ao redor das oito da mañá xunto á Policía Local, todo apuntaría a que é unha morte accidental aínda que para confirmalo haberá que esperar ao resultado da autopsia. A vítima, que residía nun dos pisos do edificio, tiña a cara magullada, supostamente polos danos provocados pola caída polas escaleiras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *