O concelleiro de Medio Rural de Marín, Pablo Novas, anunciou esta mañá que se vén de adxudicar o proxecto de renovación e colocación de novoa puntos de luz do alumeado público no casco urbano de Seixo.
En concreto, actuarase sobre 78 luminarias nas seguintes rúas:
- Camiño Vello, desde a estrada Grupo Escolar a Don Román Pintos
Lusquiños - Estrada do Grupo Escolar
- Rúa María González Rubido
- Estrada da Torre (Seixo de Abaixo)
- Dende a Ponte Guimeráns ata a unión coas Abesadas
Este proxecto é preciso para continuar coa senda de renovación das luminarias de
todo o termo municipal para que pasen a ser de tecnoloxía LED.
O contrato será executado pola empresa Elektron SL, e suporá unha inversión de
37.954,02 euros, cofinanciados polo Fondo de Compensación Medio Ambiental, de
Vicepresidencia da Xunta de Galicia