O Ballet de Galicia presentará en primicia en Marín a coreografía coa que se presentará ao YGP México Youth America Grand Prix, que se celebrará entre o 28 de outubro e o 1 de novembro en Córdoba (México). A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acudiron á presentación da gala que terá lugar previamente en Marín, que será o sábado 22 de outubro ás 19.00 horas no Pavillón do Sequelo e contará coa participación do grupo de pandereteiras infantís Peis D`Hos e do grupo de mariachis Noche de Ronda.
Desde o Concello, desexáronlle moitos éxitos á formación de danza na súa participación no certame mexicano, do que teremos un aperitivo na nosa vila previamente.