Pintura Mural con Sheela Tato o sábado 8 de febreiro. Realizarase un mural na cMo Casa da Mocidade de Moaña en turnos de mañán e tarde. Aquelas persoas que queiran participar deberá facer a súa inscrición no WhatsApp 649 68 39 23. Está dirixido a rapazaces a partir dos 8 anos. O debuxo será unha actividade artística na que plasme a importancia de coidar os mares e océanos, do valor da auga como un elemento fundamental no planeta. Analizaranse os ODS 6. Auga limpa e saneamento e ODS 14 Vida submariña.
Ao sábado seguinte, o 11 de febreiro, no Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia, levarase a cabo unha experiencia inmersiva 360º na Ría de Vigo. Haberá que anotarse no mesmo WhatsApp (649 68 39 23) e será tamén para rapazada a partir dos 8 anos. Organizarase en dúas quendas de 16h a 18h e de 18h a 20h para realizar unha xornada de explicación dos fondos mariños do noso entorno mariño en Moaña. Cada persoa participante poderá realizar unha experiencia de realidade virtual persoal durante a xornada. Esta actividade está financiada polo pacto de estado, a través do CIM de Moaña, e porá en valor o traballo das mulleres neste proxecto de mergullo e de difusión do medio Mariño.
Estas dúas actividades están impulsadas polo grupo de participación da Infancia e Adolescencia Mariscdoras de Ideas xunto coa cMo Casa da Mocidade de Moaña. Analizar o medio no que vivimos e defendelo a través da participación e da análese dos Obxectivos de desenvolvemento sustentábel ODS, ademáis de traballar os problemas globais dende a municipalidade e dende os grupos de participación da infancia e adolescencia.
No mes de febreiro haberá unha forte actividade vinculada ao Entroido. O venres 17 de febreiro a partir das 17:00h celebrarase unha festa pre-entroido con música, cócteles sen alcohol de balde dende primeira hora, sesión de karaoke e un gran concurso de disfraces para rapazada a partir de 8 anos. O luns 20 de febreiro de 17:30 a 19:30 obradoiro de ecopercusión de entroido (inscrición no whatsapp 649 68 39 23) tamén para rapazada a partir dos 8 anos. As persoas anotadas terán alí elementos para poder realizar o obradoiro e poder aprender os ritmos de entroido, para comparsas e diferentes festas.
O martes 21 de febreiro a partir das 17:00 horas está previsto un Torneo de Puntería NERF especial Entroido co nome Dálle ao peliqueiro!. O mércores ás 18:00h Gala final dos premios TocMoc Rosalía e o xoves e Venres a partir das 17:00h Torneo de Futbolín da cMo-Casa da Mocidade de Moaña.