A andaina celebrada en torno aos Montes e Praias de Marín en favor da Asociación Española contra o Cancro logrou recadar 3.750 euros. A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, e o representante do Club Xesteiras, José Gil, entregáronlle a Emilia Riparada, da AECC, o cheque coa donación conseguida.
Os tres quixeron facer un moi bo balance deste evento, que congregou a máis de 700 participantes e no que, coma sempre, acadouse unha enorme implicación da poboación coa solidariedade.
Ademais, este ano tivo como novidade a posibilidade de atravesar as portas da Escola Naval, un enorme atractivo que se sumou a todos os xa coñecidos da ruta do noso litoral e o noso rural, que cada vez gana máis adeptos.