Dous das catro persoas que foron arroiadas esta tarde, ao redor das 17:00 horas, na terraza do bar O Chancho de Vilaboa por un vehículo que se saíu da estrada cando circulaba pola PO-554, acaban de falecer por mor das feridas ocasionadas polo impacto do vehículo. Trátase de dos homes, un de 67 e outro de 79 anos e veciños da parroquia de Santa Cristina. Así o confirmou a Garda Civil a Morrazo Noticias, que tamén informa de que a proba de alcol e drogas realizada ao condutor deu negativa. Fuentes non oficiais apuntan a unha confusión entre o freo e o acelerador.
O suceso causou gran conmoción na parroquia. De feito, o Concello suspende o acto de entrega do Premio 8M previsto para mañá en sinal de condolencia cas víctimas do atropello múltiple acaecido. O goberno local traslada o seu pesar e o seu apoio ás familias dos falecidos e dos feridos.