Catro persoas foron atropeladas esta tarde cando se atopaban na terraza do bar O Chancho, na parroquia de Santa Cristina de Cobres de Vilaboa. Segundo a Garda Civil, un vehículo saíuse da estrada e acabou arroiando aos clientes deste establecemento. Sen embargo, testigos aseguran que o coche estaba estacionado diante do bar cando o condutor equivocouse e en lugar de meter a marcha atrás puso a primeira.
Todos os afectados foron trasladados a un centro hospitalario e, segundo o alcalde, César Poza, dous atópanse feridos leves o outras dúas personas están moi graves.
O bar O Chancho atópase na N-554 á altura do número 7.