Era un clamor, unha verdadeira necesidade para os usuarios. Ninguén comprendía como unha chaira tan concorrida como a de Ojea podía atoparse en tal lamentable estado, chea de fochancas que coa choiva acababan sendo piscinas rodeadas de lameira. O motivo, o conflito entre administracións. Agora, o goberno local de Cangas conseguiu as autorizacións de Costas e da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para pavimentar a superficie e acabar con esta situación.
Este traballo supón un investimento de case 44.000 euros das arcas municipais e prevese que estea terminado na súa totalidade a finais desta semana. Mentres tanto, o aparcamento permanece pechado aos vehículos. A capa de alcatrán quedará terminada hoxe pero haberá que esperar ao seu secado e o seu posterior pintado para sinalizar correctamente as prazas de aparcamento.