A Consellería de Educación a través da Xefatura Territorial anunciou a próxima renovación da cuberta do CEIP Espiñeira na que se investirán máis de 130.000 euros. Os traballos serán acometidos aproveitando o descanso lectivo de verán co obxectivo de que rematen antes do inicio do curso 23/24. Con esta actuación se da resposta por parte do departamento autonómico a unha demanda achegada polo propio centro escolar.
A esta actuación súmase a recente sinatura do contrato para atallar as deficiencias que pesenta a día de hoxe o Pavillón de Rodeira. Entre os traballos previstos está a renovación do pavimento da pista e da iluminación, ambas actuacións moi reclamadas polas entidades deportivas locais que desenvolven a súa actividade no recinto. Compre sinalar co mal estado do firme supuxo nos últimos tempos un importante problema de seguridade para os propios deportistas e que estivo impedindo a celebración de eventos deportivos na instalación.
Valoración moi positiva
Dende o grupo municipal do PP de Cangas valoran moi positivamente estes anuncios, “froito das diferentes xuntanzas mantidas nos últimos meses cos diferentes colectivos recollimos diversas demandas que fixemos chegar inmediatamente aos responsables da Consellería de Educación para que se tomaran medidas ao respecto” explican a vez que poñen en valor o compromiso inversor da Xunta de Galicia en Cangas.
Videomarcador para Rodeira
Dende a forza maioritaría da corporación local reclaman ao goberno municipal que se de resposta a demanda das entidades deportivas e se instale o vídeomarcador sustituído no seu momento no Pavillón do Gatañal no Pavillón de Rodeira, “será mellor darlle unha segunda vida que almacenado” reflexionan. “Deste xeito se faría unha mellora na instalación deportiva que non require gasto municipal senón un mínimo de xestión e ser eficientes no uso dos recursos municipais” rematan.