O cemiterio de Coiro permanecerá pechado mañá xoves porque o Concello de Cangas levará a cabo os labores de formigonado no acceso ao camposanto. Así o fixeron saber nas redes sociais nas que piden aos veciños que eviten achegarse mañá para permitir a realización dos traballos.
A concelleira de Obras, Iria Malvido, considera que os veciños «están a quedar moi contentos» por como está a quedar o cemiterio, no que ademais de asfaltar e colocar pedra, púxose unha fonte, que antes non había.
En total invístense 167.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación xestionados polo anterior goberno local.