A participación nesta iniciativa, que conta con tres premios de 200 euros cada un, ten que ser colectiva e preferiblemente con material de refugallo

O Concello de Vilaboa confía na implicación de veciños e veciñas para encher de colorido e ambiente os espazos comúns da localidade, cunha perspectiva sostible e orixinal, nas próximas datas de Nadal. Para elo vén de convocar o Concurso de Decoración de Nadal no que anima a participar a toda a veciñanza, de xeito colectivo montando unha ambientación de Nadal en calquera barrio, lugar, parque ou rúa.

Esta iniciativa de dinamización do entorno rural terá unha única categoría de participación, a colectiva. A veciñanza terá que agruparse en asociacións, colectivos ou grupos para dar forma a unha ambientación navideña con material de refugallo preferentemente. Haberá tres premios, dotados con 200 euros cada un. Premiarase a creatividade; a sensibilidade co medio ambiente e a decoración sostible e o espíritu de Nadal reflexado na colaboración entre a veciñanza e o traballo en equipo e recuperando os valores de barrio.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscripción entre o 15 de novembro e o 7 de decembro a través do Rexistro do Concello ou do correo electrónico info@vilaboa.org .

As bases do Concurso, que están a disposición da veciñanza na páxina web do Concello, recollen a obriga dos participantes de montar e desmontar os elementos decorativos, que estarán expostos do 10 de decembro ao 8 de xaneiro.

Un xurado integrado por membros da administración local, polo alcalde de Vilaboa ou persoa na que delegue e por un membro de cada partido político con representación na Corporación visitará as composicións a partir do 17 de decembro e valorará o deseño, orixinalidade, iluminación, fomento de valores locais e cantidade e tipoloxía dos materiais de reciclaxe empregados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *