Sinalan que os fenómenos meteorolóxicos adversos das últimas semanas deixaron en evidencia tomar medidas de prevención
O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno local que se tomen medidas de seguridade nos espazos públicos municipais, algo que quedou de manifesto con motivo da serie de borrascas que azotaron a comunidade galega nas últimas semanas. Dende a formación amosan a súa sorpresa de que, a diferencia doutros municipios, non se tomaran medidas de seguridade polo mal tempo e non se pecharan parques ou paseos marítimos na localidade. Tamén demandan coñecer con exactitude os motivos polos que non se está realizando a poda das árbores dos espazos públicos. “Falan dun informe de que están enfermos. Pois queremos coñecer ese informe técnico, e se efectivamente están enfermos, saber que medidas se están tomando -se tomaron algunha- nese sentido” insisten. “Estamos vendo como noutros municipios están acontecendo caídas de ramas e de árbores e outras incidencias que co adecuado traballo de prevención serían evitables” explican.
“O que está claro é que non se están facendo ben as cousas cando, debido a falta de limpeza dos sumidoiros, estos se atascan provocando embalses de auga en beirarrúas e estradas, empeorando aínda máis se cabe a situación” argumentan.
Dragado do Bouzós
Os populares súmanse ás demandas veciñais que reclaman ao tripartito o dragado do río Bouzós no seu último tramo polo centro da vila e que coas intensas chuvias ameaza con desbordarse. Dende o principial partido da corporación recordan que estes traballos sempre foron realizados polos diferentes gobernos municipais. “Son actuacións imprescidibles para evitar este tipo de episodios que provocan importantes danos materiais aos residentes da zona” engaden. “Non entendemos a pasividade permanente que amosa o actual equipo de goberno con estes asuntos. Queren facer crer a veciñanza co problema de fondo é que non hai orzamentos cando Cangas leva funcionando casi permanentemente con orzamentos prorrogados dende o 2015” afirman. “O auténtico problema é que son incapaces de traballar sobre os problemas reais da cidadanía” contininúa. “E cada semana que pasa queda máis de manifesto a falta absoluta de xestión” lamentan. “Unha vez máis reclamamos ao goberno da sra. Gestido que actúe antes de que sexa demasiado tarde” rematan.