Auditorio de Marín.

O evento solidario, que terá lugar o 30 de outubro ás 20.30h. ten as súas entradas á venda en nemoentradas.com e xuntará aos humoristas Leti da Taberna, David Amor e Danny Boy

Unha boa dose de humor sempre terá a capacidade inesgotable de facer máis levadeiras as situacións difíciles. Así o entende a Asociación de Alzheimer de Pontevedra, Afapo, que organiza este venres ás 20.30h no Auditorio, en colaboración co Concello, a I Gala Benéfica en favor da asociación, coas voces de Danny Boy, David Amor e Leti da Taberna.

Coa metade do aforo xa vendido, desde Afapo e o Concello animan á veciñanza de Marín “a non perderse unha xornada única que servirá para visibilizar o gran traballo que se fai desde Afapo na defensa dunha mellor investigación polo
Alzhéimer e tamén para rir, rir moitísimo e usar o humor coo ferramenta de loita”.

Sobre os artistas

Danny Boy-Rivera

Defínese como cómico de nacemento e galego de profesión. A este humorista forxado en Comedy Central, puídoselle ver, ademais de fóra das nosas fronteiras, no Haags Comedy Festival (Holanda), no Festival Internacional do Humor de Bogotá de Caracol TV (Colombia) ou de xira polos Balcáns, actuando en inglés (Eslovenia, Croacia, Serbia y Bosnia).

Ademais, traballou en “Se Hace Saber”, un programa de sketches dirixido por Goyo Jiménez para TVE y, desde 2012 ata o día de hoxe, en “La Oveja Negra”, su anterior show unipersonal, na Chocita del Loro dala Gran Vía de Madrid.

David Amor

Actor, humorista e presentador galego, David Amor comezou a súa carreira en 2001 na TVG co programa “O Rei da Comedia”. Desde entón, desenvolveu unha traxectoria diversa, combinando humor, televisión e teatro. Deuse a coñecer nacionalmente coa súa participación en “El Club del Chiste” e “El Club de la Comedia”, o que o levou a percorrer os teatros de toda España cos seus monólogos. Traballou tamén en series como “Gym Tony” e “Morra o conto”.

Conduciu o seu propio late night na TVG, “Con Amor e Compañía”, e foi parte do programa “Tu cara me suena”. En 2025, convértese en participante de MasterChef Celebrity.

No teatro, triunfou coa comedia “Amigos ata a norte”, que se converteu na obra máis recadadora de Galicia. Nos últimos anos, protagonizou “Go Home”, unha comedia negra con crítica social sobre o turismo masivo e a xentrificación, escrita por José Prieto e dirixida por Tito Asorey. A obra, nomeada aos Premios María Casares, xirou por teatros de toda Galicia. Segue tamén activo no mundo do monólogo, e atópase tamén de xira por toda España co seu espectáculo unipersoal de standup, “Love Está En El Aire”.

Leti da Taberna

Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok.

A día de hoxe, acumula decenas de miles de seguidores nas redes sociais, converténdose nunha «taberneira virtual». Utiliza a ironía para realizar crítica social desde unha perspectiva feminista e en galego. Ademais, conta con 136.000 seguidores en Instagram, Facebook e Tiktok.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *