A nova infraestrutura deportiva substituirá ás canchas actuais, que se atopan en moi mal estado. Suporá unha inversión de case 227.000€, financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra
Catro empresas concorrerán á adxudicación do proxecto para renovar as actuais canchas deportivas da Praza de España, anexas ao Auditorio, e crear no seu lugar unha gran pista multideporte.
O Concello explica que estas instalacións, moi utilizadas pola rapazada de Marín, atópanse en moi mal estado debido ao paso do tempo e ao intenso uso das mesmas e por iso non era abondo con plantexar un traballo de mantemento das canchas, senón renovalas totalmente.
Así, o Goberno Local decidiu investir parte do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, concretamente 226.879,89€, na renovación das pistas, procedendo á súa retirada e á colocación dunha única con mellores calidades e prestacións.
O deseño desta nova pista será acorde coa renovación urbana de todo ese corazón entre a Alameda e a Praza de España e permitirá practicar distintos deportes grupais, como fúbtol, baloncesto… A Mesa de Contratación volverá a convocarse para o luns da próxima semana para e así adxudicar a obra á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa.

