A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, xunto cos representantes de Afapo, presentaron o evento solidario, que terá lugar o 30 de outubro ás 20.30h. Entradas xa á venda en nemoentradas.com
Unha boa dose de humor sempre terá a capacidade inesgotable de facer máis levadeiras as situacións difíciles. Así o entende a Asociación de Alzheimer de Pontevedra, Afapo, que organizará no Auditorio, en colaboración co Concello, a I Gala Benéfica en favor da asociación, coas voces de Danny Boy, David Amor e Leti da Taberna.
A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín, presentaron xunto a José Manuel Fontenla e Marcos Fontenla, da entidade social, o evento, que terá lugar o venres 30 de outubro no Auditorio de Marín ás 20.30 horas. As entradas xa
están á venda a un prezo de 20,00€ en nemoentradas.com. Tamén estarán dispoñibles no Centro de Día que xestiona AFAPO en Marín, situado na Avenida de Ourense, e que atende a 34 persoas usuarias.
Trátase dunha xornada pensada para gozar do humor e deixarse levar, cunha gala chea de risas, complicidade e enerxía, que permita recadar fondos para o colectivo, que leva anos traballando en pro da investigación, o acompañamento e a oferta de servizos de calidade para as persoas que padecen alzheimer.
Sobre os artistas
Danny Boy-Rivera
Defínese como cómico de nacemento e galego de profesión. A este humorista forxado en Comedy Central, puídoselle ver, ademais de fóra das nosas fronteiras, no Haags Comedy Festival (Holanda), no Festival Internacional do Humor de Bogotá de Caracol TV (Colombia) ou de xira polos Balcáns, actuando en inglés (Eslovenia, Croacia, Serbia y Bosnia).
Ademais, traballou en “Se Hace Saber”, un programa de sketches dirixido por Goyo Jiménez para TVE y, desde 2012 ata o día de hoxe, en “La Oveja Negra”, su anterior show unipersonal, na Chocita del Loro dala Gran Vía de Madrid.
David Amor
Actor, humorista e presentador galego, David Amor comezou a súa carreira en 2001 na TVG co programa “O Rei da Comedia”. Desde entón, desenvolveu unha traxectoria diversa, combinando humor, televisión e teatro. Deuse a coñecer nacionalmente coa súa participación en “El Club del Chiste” e “El Club de la Comedia”, o que o levou a percorrer os teatros de toda España cos seus
monólogos. Traballou tamén en series como “Gym Tony” e “Morra o conto”.
Conduciu o seu propio late night na TVG, “Con Amor e Compañía”, e foi parte do programa “Tu cara me suena”. En 2025, convértese en participante de MasterChef Celebrity.
No teatro, triunfou coa comedia “Amigos ata a norte”, que se converteu na obra máis recadadora de Galicia. Nos últimos anos, protagonizou “Go Home”, unha comedia negra con crítica social sobre o turismo masivo e a xentrificación, escrita por José Prieto e dirixida por Tito Asorey. A obra, nomeada aos Premios María Casares, xirou por teatros de toda Galicia. Segue tamén activo no mundo do monólogo, e atópase tamén de xira por toda España co seu espectáculo unipersoal de standup, “Love Está En El Aire”.
Leti da Taberna
Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok.
A día de hoxe, acumula decenas de miles de seguidores nas redes sociais, converténdose nunha «taberneira virtual».
Utiliza a ironía para realizar crítica social desde unha perspectiva feminista e en galego. Ademais, conta con 136.000 seguidores en Instagram, Facebook e Tiktok.

