Representantes do colectivo reunidas coa alcaldesa de Marín.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, recibiron esta semana ás representantes do colectivo Loita, unha plataforma cidadá creada por nais de Pontevedra, Marín e outros puntos da provincia para loitar polos dereitos dos nenos, nenas, nais e adolescentes.

Ambas escoitaron as principais reclamacións que fan desde o colectivo para mellorar os actuais problemas da atención temperá e poder dar traslado das mesmas co fin de mellorar o servizo. Especialmente, loitan porque as terapias de logopeda, fisioterapia e terapia ocupacional continúen durante toda a idade pediátrica e que as familias poidan realizar achegas e reclamacións a través da app ABALAR.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *