A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acompañados de Blanca García Señoráns, xefa territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ximnasia, presentaron este evento, que traerá a Marín a máis de 300 deportistas

A XV Copa Galicia Internacional de ximnasia trampolín sempre é unha cita esencial no calendario deportivo de Marín, pero este ano aínda ten un plus máis especial, xa que se fará o I Memorial Pablo Hinojar, para que todo o mundo da ximnástica poida recordar o legado do que fóra seleccionador española desta modalidade ata o seu falecemento.

O evento, que durará toda a fin de semana e se emplazará no Pavillón da Raña, foi presentado pola alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes,Antonio Traba, acompañados de Blanca García Señoráns, xefa territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ximnasia.

Belén Ferreira, secretaria da Federación, explicou que esta edición “ten récord de participación, con 300 participantes que se dividen por grupos de categorías e aparatos”. A directiva do ente deportivo tamén tivo palabras para Hinojar, “porque era un campionato no que el traballaba moito para que saíse adiante e queremos que sexa un recoñecemento a todo ese traballo”.

Pola súa parte, a alcaldesa destacou o importante legado “dunha figura esencial para poñer a ximnasia no punto tan alto no que está” e desexoulles a todos os deportistas que estarán en Marín esta fin de semana “que esteades da mellor maneira posible”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *