Esta mañá só atoparon unha pequena cantidade na praia da Coviña mentres que o resto de areais estaban limpos
Efectivos da brigada de Limpeza do Concello de Marín e membros do Goberno local, así como persoal de Protección Civil, fixeron esta mañá unha ronda de vixilancia por todas as praias de Marín. Só se volveron detectar pellets na Coviña. O resto dos areais están limpos e na Coviña atoparon unha cantidade aínda menor da que apareceu onte.
Dada a situación, o operativo de limpeza abórdase de xeito suficiente co persoal municipal. Aínda así, dende o Concello crearase unha lista de voluntariado para todas aquelas persoas que queiran participar por se os residuos aumentasen e fose preciso convocar brigadas de limpeza de forma coordinada.
Para apuntarse poden facelo a través do mail alcaldia@concellodemarin.es indicando nome e teléfono de contacto.