O portavoz de Coalición Independente por Moaña (XM), Javier Carro, demanda ao Concello de Moaña unha «limpeza urxente» do camiño que sobe da PO-551 á Miranda, detrás do antigo edificio consistorial. Unhas escaleiras «moi utilizadas polos nosos maiores para acceder á praza polas mañás e, en xeral, para camiñar polas tardes».
Carro asegura que xa trasladou esta situación á concelleira de Servizos, Marta Freire, pero «non serve de nada».