Cangas foi o municipio con máis solicitudes aprobadas, 16, frente ás 10 de Moaña, Bueu e Marín
Un total de 46 establecementos hostaleiros da comarca do Morrazo beneficiáronse da liña de axudas que lanzou a Xunta destinada a acondicionar as terrazas dos locais e a mellorar o sistema de vendas a domicilio fronte á crise do Covid-19. Isto supuxo un total de 320.000 euros para Moaña, Cangas, Bueu e Marín. Así o explicou o delegado territorial da Xunta na área de Pontevedra, Luís López, nunha visita a un dos locais que se beneficiaron destas subvencións, Los Tres Monos de Agüete, onde tamén acudiu a súa homóloga en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
«As axudas, que son o 80 por cen foron moi ven acaecidas e, de feito, a Xunta cuadriplicó pola alta demanda o presuposto ante la nececesidade de adecuar as terrazas que convirtironse nunha vía de incremento de facturación dos propios propietarios dos establecementos», indicou López. A línea de axudas está orientada á instalación, reforma e pechamento de terrazas, compra de mobiliario, adaptación de espazos exteriores e adquisición de elementos de envasado para o servizo a domicilio.
Pola súa parte, a rexedora declarou que «para Marín é un orgullo ter un establecemento punteiro e atractivo ao que vén moitísima xente de fóra e non deixa de ser un factor determinante desde o punto de vista do turismo».