O gañador Anxo Manoel, no centro da foto.

O V Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega.

Esther F. Carrodeguas foi a mestra de cerimonias da gala, celebrada na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas e presentou o artístico combate no que catro recoñecidas dramaturGAS e dramaturGOS de Galicia se bateron na procura do voto do público. Os participantes foron Carlos Santiago, co texto titulado ‘Libertalia República Fráxil’; Anxo Manoel, con ‘Utopía’; Fátima Delgado, con ‘Meniña gaiteira’; e Lorena Conde, co texto ‘Bombona de osíxeno’. A decisión final estivo nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel co texto ‘Utopía’, interpretado polas actrices Sonsoles Cordón e Pia Nicolletti.

A Asociación Galega de Dramaturxia é a plataforma das autoras e autores dramáticos de Galicia. Naceu no ano 2015 coa intención de mellorar, defender e velar polas condicións laborais das profesionais do sector e visibilizar a dramaturxia galega.

Así mesmo, promove actividades de formación, edición de pezas teatrais e xera espazos de encontro e debate procurando, sempre, novas fórmulas que incentiven a posta en escena das dramaturxias galegas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *