Un accidente na parroquia do Hío, en Cangas, saldouse con dúas persoas feridas, que precisaron ser evacuadas.

Arredor das catro e cuarto da madrugada, un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para informar dunha saída de vía dun vehículo que, segundo sinalaba, colidira contra un colector do lixo e, logo, contra o muro dunha vivenda. Nesa mesma comunicación, o alertante indicaba tamén que dous ocupantes do coche siniestrado se atopaban xa fóra do vehículo e que o punto exacto do accidente era o lugar de Liméns.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia deron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico e a ao Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas. Así mesmo, tamén foron informados os Bombeiros do Morrazo que, finalmente, non foi necesario que interviñesen.

Xa no punto, os equipos de emerxencias confirmaron ao CIAE-112 Galicia que dúas persoas tiveran que ser trasladadas ao Hospital Fátima de Vigo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *