A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, cesou a dous dos concelleiros do PSdeG que formaban parte do seu goberno. Concretamente, ao concelleiro de Urbanismo e Deportes, Eugenio González, e á súa compañeira, a edil de Medio Ambiente, Pilar Nogueira, polos feitos acontecidos nos últimos días na Praia de Rodeira.
No comunicado emitido esta misma tarde, Portas explica textualmente:
«Mañá cúmprense 5 meses do seu novo posto como alcaldesa de Cangas, unha
encomenda que aceptou con moita ilusión e cun compromiso de esforzo e de traballo diario que lograse mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza, un traballo que xa supoñía que non ía ser nada fácil e no cal tería que tomar decisións que afectarían directa ou indirectamente a este municipio.
Nestes case 5 meses tive a oportunidade de poder coñecer mellor como é o funcionamento do consistorio, porque garante que non é o mesmo ostentar unha
concellería, que ser a responsable de dirixir o bo funcionamento de todas elas. E como responsable de todas as áreas non podo pasar por alto o último acontecemento que terminou con parte das dunas da praia de Rodeira, onde se pretendía realizar un campionato deportivo, un campionato deportivo que non supoñía ningún gasto para as arcas municipais porque o investimento proviña da Mancomunidade, e pola contra si era un bo reclamo para a visita de deportistas e afeccionados ás nosas costas, o único que solicitaban era unhas instalacións acordes ao campionato, por suposto isto trasládase á responsable da área de deportes o señor Eugenio González e que alcaldesa ratifica coa súa rubrica nun documento que textualmente pon, adecuación dos terreos para o evento deportivo.
«Esta mañá o primeiro que fixe foi unha revisión do estado en que se atopa nestes momentos esta parte da praia, podendo observar que se produciu unhas modificacións evidentes«
Agora ao meu regreso (por cuestións personais tivo que estar fora a semana pasada) atópome con que se esnaquizaron parte das dunas da praia de Rodeira e a súa flora para a celebración deste campionato, ata o punto que asociacións do municipio tiveron que manifestarse para paralizar os traballos que polo visto se estaban realizando con maquinaria pesada. Esta mañá o primeiro que fixe foi unha revisión do estado en que se atopa nestes momentos esta parte da praia, podendo observar que se produciu unhas modificacións evidentes, que terá que emendar canto antes, para volver ao estado orixinal do devandito espazo, para o que se puxo a traballar de inmediato, e que canto antes se rexenere novamente, empezando hoxe mesmo mantendo unha reunión urxente co responsable de Costas Don Enrique Fernández , e enviando unha misiva de Medio Ambiente poñendo a súa disposición todos os recursos que sexan necesarios desde o consistorio para emendar os danos.
Por mor desta situación véxome na obrigación de tomar unha das decisións máis duras das que tiven que tomar ata o momento, unha decisión que maticei ao longo destes días, ao ver que aínda despois de causar uns danos nas dunas non fomos capaces de buscar outra localización a este campionato e tívose que trasladar a un concello limítrofe, algo inconcibible sendo Cangas posuidora dos mellores areais de Galicia.
A decisión foi o cesamento inmediato dos máximos responsables desta situación o concelleiro Eugenio González que ostentaba a concellería de Urbanismo e Deportes e da concelleira Pilar Nogueira que respondía polas concellerías de Medio Ambiente, Mar, Rural e voluntariado, este cesamento veu provocado pola súa negativa á petición que lles realicei esta mañá de dimisión pola súa banda, e a cal rexeitaron, non tendo eu outra alternativa máis que a de cesarlles nos seus cargos como non pode ser doutra maneira tras a perdida da confianza.
«Esta alcaldesa non quere unicamente manter unha cadeira custe o que custe, senón que busca a mellora do municipio con traballo e esforzo e cando se cometen erros hai que ter a valentía de asumilos»
Esta decisión tomeina porque o día que me comprometín con todos os veciños e veciñas de Cangas a que este goberno sería distinto, fíxeno con convicción e sen cadeas de ningún tipo, posto que esta alcaldesa non quere unicamente manter unha cadeira custe o que custe, senón que busca a mellora do municipio con traballo e esforzo e cando se cometen erros hai que ter a valentía de asumilos, e con estas palabras ratifícome na decisión tomada, e garántovos que non é revanchismo cara ao PSOE xa que esta decisión non afecta as concelleiras de Desenvolvemento Económico, Emprego e Persoal, Sagrario Martínez, e a de Obras, Infraestruturas, Educación e Xuventude de Ingrid Loredana que poden seguir desempeñando as súas funcións como ata o de agora.
Esta alcaldesa segue tendendo a man a todos os grupos de esquerdas progresistas que queren unha Cangas do século XXI, e anímaos a que arrimen o ombreiro e traballen en tándem con esta alcaldesa, que hoxe unha vez máis lles demostrou que non lle tremerá o pulso para tomar decisións cando haxa que tomalas.
Portas pide desculpas a todos os veciños e veciñas de Cangas, posto que estes últimos días estivo ausente por motivos persoais que todos os cangueses e canguesas coñecen e aproveita para agradecer as chamadas e as mensaxes de apoio recibidos estes días.