Conectar coa natureza a través dos cinco sentidos, iso é o que propón a Asociación de persoas Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico, Adicam, para o vindeiro sábado 18 de setembro ás 10:00 horas desde o aparcadoiro de Melide. Unha actividade que consideran «pode ser beneficiosa para a saúde de todas as persoas e a través da que «podemos lograr sentirnos mellor», indican.
Desde Adicam son conscientes dos beneficios de «regresar de novo á natureza da que saímos e á que necesitamos volver de cando en vez».
Sendo conscientes diso, poñen en marcha esta iniciativa para a que é necesaria inscrición obrigatoria co fin de garantir o cumprimento do protocolo Covid.
«Os Baños de Bosque son unha actividade que necesita ser guiada por un profesional e que requiren de tempo e moita atención para conectar coa natureza cos cinco sentidos co obxectivo de mellorar a saúde a nivel físico e emocional», explican.
Os interesados poden contactar con en os seguintes teléfonos ou vía mail. Adicam 986307158/ 629945925 e mail adicamadicam@gmail.com