Os veciños do inmoble tiveron que ser desaloxados por precaución
O lume nun garaxe dun edificio da avenida da Xunqueira, en Moaña, obrigou a desaloxar aos veciños do inmoble.
Segundo a Policía Local, ás cinco e media da madrugada, varios particulares alertaron á xefatura para dar conta de que saía fume do garaxe do edificio no que está situado o bazar chino.
Ata o lugar trasladáronse aos Bombeiros do Morrazo e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061. A maiores, tamén se deu aviso aos Bombeiros de Vigo por se fose necesaria a súa intervención.
Xa no punto, os bombeiros afirmaban que había un lume que afectaba a tres plantas subterráneas dun garaxe e que, por precaución, desaloxaran aos veciños do edificio.
A primeira hora desta mañá, os servizos de extinción deron o lume por apagado e informaban ao 112 Galicia de que, por mor do incendio, un vehículo ardera por completo.