A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, acepta a petición que os nenos e nenas de Coiro fixeronlle por rexistro de por en marcha unha aula da natureza e unha orta na Escola da Retirosa. Trasdadoulles esta boa nova nunha recepción no salón de plenos do Concello.
Para Portas, é importante que esta aula e esta orta estén activas a curto prazo xa que «aprenderemos da natureza e do saudable de plantar as legumes nos mesmos».
Otra boa nova que recibiron durante á visita as instalacións municipais foi a volta das actividades da aula de circulación vial, a de movilidade sostible e a vila saudable cos alumnos das escolas canguesas. E para abrir boca, os nenos e as nenas puideron desfrutar un ratiño dos kars do Concello.