O sindicalista Óscar Graña coa alcaldesa de Cangas.

Ante as coñecidas e evidentes carencias da asistencia sanitaria de emerxencias na comarca do Morrazo, a alcaldesa de Cangas, Vitoria Portas, trasladou á Consellería de Sanidade, a Fundación Pública do 061 e ao Sergas a súa preocupación por como afecta esta esta situación ao municipio de Cangas. Tras unha reunión co representante sindical da Cig na base do 061 de Cangas, Óscar Graña, a rexidora acusa á administración autonómica de «ocultar de forma deliberada os tempos de espera nos que unha persoa agarda pola prestación de asistencia urxente por parte do seu persoal sanitario».

Por iso, Portas pide que o Sergas aclare como calcula os tempos de espera que recolle nos reiterados informes nos que Sanidade insiste en que non é necesaria unha ambulancia de reforzo na comarca. «¿Tense en conta o tempo dende que unha persoa chama ao 061 e se decide a necesidade dunha ambulancia, ou pola contra se obvia o tempo que se tarda en que as ambulancias queden libres e tan so computa o tempo entre que as ambulancias son activadas e chegan ao lugar da asistencia?», pregunta no escrito enviado nos últimos días tras ter coñecemento de que houbo casos nos que este tempo foise ata dunha hora.

Unha «falta de recursos» que obrigou en varias ocasións (Portas pide ao Sergas que aclare cantas) a que os enfermos ou os sanitarios tivesen que trasladarse pola súa conta, pola policía ou protección civil ata o centro de saúde ou ata o punto no que solicita a asistencia de emerxencia.

«Non podemos pois permitir que a falta dunha ambulancia máis do 061 no Morrazo provoque retrasos que aumentan o sufrimento e a desesperanza das persoas, que a súa saúde se deteriore e que no caso das emerxencias tempo-dependentes”, xustifica a Alcaldesa na súa petición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *