A concellería de Mocidade de Moaña pon en marcha as Xornadas en Igualdade programadas para os meses de novembro e decembro na Casa da Mocidade. A primeira actividade será os días 3, 10, 17 e 24 de novembro de 16:00 a 19:00 horas con obradoiros de música, baile e actividades plásticas.
O 6 novembro de 11:00 a 13:30 horas prevese unha saída inclusiva no Galeón Eliseo con Aspamsim. O 14 de 10:00 a 14:00 horas, nova saída inclusiva polos miradoiros da contorna de Chan d´ Arquiña de Domaio e o 16 de novembro ás 18:00 horas contacontos con AZ Lingua de Signos.
Xa en decembro, o día 2 ás 18:00 horas contacontos diversos e o 3 da man de María Faltri e Jorge Juncal, Lectura do Manifesto do Día Internacional Diversidade Funcional.
Xoguemos a Poetizar con Miguel A. Alonso Diz o 9 de decembro ás 18:00 horas. O 18 ás 19:00 horas entrega do II premio de Relato Curto Lonxa Literaria – Concello de Moaña na sala Celso Parada do centro sociocultural Daniel Castelao.
Ademais, todos os mércores e venres de novembro e decembro de 17:00 a 19:00 horas Xoga imparte un curso de Lingua de Signos. En total hai dispoñibles 14 prazas para un formativo de 30 horas.