Dúas persoas, unha de cada vehículo implicado, atópanse feridas leves
Segundo informa a Garda Civil, un vehículo atópase ardendo tras chocar con outro coche na Autovía do Morrazo (AG-46). O coche en chamas atópase na saída de San Lourenzo (saída 3), á altura da parroquia de Domaio, e ata o lugar desprazouse a Garda Civil, Policía Local de Moaña e Bombeiros do Morrazo.
Polo momento descoñécese o motivo do accidente, aínda que si se sabe que unha persoa de cada vehículo está ferida leve.