O valado instalado nos xulgados de Cangas polo pase a desposición xudicial dos detidos.

Os dous mozos detidos por, supostamente, agredir sexualmente a dous menores en Cangas pasaron esta mañá a disposición xudicial. Chegaron aos Xulgados cangueses por separado nun coche da Garda Civil. O primeiro ao redor das 8:00 horas e o segundo unha hora máis tarde.

Na contorna do edificio xudicial montouse un dispositivo con valos para evitar que os medios de comunicación tomasen imaxes dos dous detidos.

As menores denunciaron os feitos

As dúas mozas supostamente agredidas fuxíronse do centro de acollida de menores Príncipe Felipe de Pontevedra a finais da pasada semana e foron localizadas pola Policía Local de Cangas na zona da Choupana.

Foi nese momento cando as dúas menores presentaron senllas denuncias por agresión sexual na vivenda na que estiveran escondidas. Posteriormente, os axentes, que continúan as investigacións, procederon á detención das dúas persoas en relación a estas denuncias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *