O pasarrúas do grupo de gaitas "Lume do Karoso".

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama, Adicam, non quixo que esta xornada tan especial para eles pase desapercibida e durante a mañá de hoxe levou a cabo diversos actos de celebración con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama. Unhas xornadas abertas nas que ás 11 da mañá celebrou un pasacalles a conta do grupo de gaitas ” Lume do Karoso” e, á mesma hora, unha mesa redonda na rúa.

Dúas horas máis tarde, ás 13:00 horas, chegou o momento do acto central coa lectura do manifesto desde a súa sede principal situada en Cangas. A súa presidenta, Olga Sotelo, aproveitou a data para facer un chamamento a “recuperar con urxencia a normalidade na atención primaria e na hospitalaria no que respecta a poñer fin aos atrasos nas probas diagnósticas, nas consultas presenciais na cirurxía e en determinados tratamentos”. “Pensamos que é o momento de reflexionar sobre a humanización do persoal sanitario”, reclamou para reiterar a “defensa dos programas de detección precoz xestionados polo sistema público de saúde”. “Avogamos porque as mulleres acudan a el sen medo”, apostilou.

E, para pechar a programación, concerto musical de Lorena Gago desde o balcón da Casa da Bola.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí