«Codimo: Colectivo Diverso do Morrazo», ese é o nome da primeira asociación LGTBIG+ que engloba aos munucipios de Cangas, Moaña, Bueu e Marín. Segundo os seus fundadores, Codimo pretende encher un espazo baleiro na comarca como é o asociacionismo do colectivo lgtb+, feito que se viu evidenciado logo da aparición da vaga de lgtbofobia e de violencia dos últimos tempos.
«Dende o Colectivo Diverso do Morrazo, traballaremos non só específicamente no tema da diversidade, senón que tamén aprol da comunidade, posto que a loita común é a que máis beneficia a sociedade, xa que é consciente de tódalas problemáticas. Ademais, dende o minuto un reinvindicaremos á vida no rural e nas vilas, e que tamén alí hai persoas lgtb+; sendo un intento de afastarnos da dependeza coas cidades», explican.
En suma, un «proxecto noso, morracense, rural, e sobre todo novo, posto que Codimo naceu grazs ó esforzo dun grupo de mozos e mozas».
Tralo remate da presentación, que terá lugar este sábado no salón de plenos do Concello de Cangas, farán unha ofrenda floral con motivo do Día da Memoria Trans. Realizarase nas inmediacións da costa pintada coa bandeira lgtb, na rúa Fomento (fronte a lonxa de Cangas).
Para a ocasión, estarán invitadas autoridades vinculadas coa area de Igualdade, así como tamén as alcaldesas e alcaldes dos catro concellos.