Reunión da constitución da Plataforma.

Na asemblea mantida o pasado día 17 de novembro na Casa da Cultura de Cela, a plataforma Eólicos no Morrazo NON decidiu dar comezo a unha campaña de información, programando accións como unha rolda de charlas que terá o seu inicio na localidade de Bueu que será anunciada a vindeira semana. 

A asemblea da plataforma voltou reunir á veciñanza e a representantes de asociacións ou institucións das localidades afectadas por un posible parque eólico no Morrazo, co obxectivo de planificar os próximos pasos a dar pola organización. Tras unha primeira posta en común informativa, foron analizados por parte dos participantes os efectos negativos da posíbel implantación dun parque eólico no Morrazo e debatidas as reivindicacións da plataforma co obxectivo de elaborar un manifesto para a súa aprobación definitiva na próxima xuntanza o mércores 24 de novembro.

En canto ás accións programadas, iniciarase un ciclo de charlas informativas pola comarca. A primeira charla será organizada na localidade de Bueu, quedando pendentes de confirmar outras parroquias e localidades do Morrazo. Por outra banda, a plataforma acordou unirse ás accións de protesta previstas para principios de decembro a proposta da coordinadora EÓLICA ASÍ NON.

Por outra banda, a plataforma insta aos concellos do Morrazo a que rexeiten a implantacion deste proxecto eólico no Morrazo e formalizará a súa solicitude polas canles formais previstas nas institucións locais. Está previsto ademáis o inicio dunha rolda de contactos con organizacións, institucións e colectivos da contorna, especialmente con aqueles relacionados coa xestión dos montes do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *