Santos e Freire durante a visita ao parque.

A concelleira socialista de obras e servizos, Marta Freire Riobó, e a Alcaldesa de
Moaña, Leticia Santos Paz, visitaron hoxe o Parque da Paradela para supervisar os
traballos de acondicionamento executados nos últimos meses. Freire, como responsable da área de Obras e Servizos, ten claro que «contar con espazos de xogo seguros na nosa vila redunda de maneira clara no benestar da poboación máis pequena» e, baixo esa premisa, ano tras ano, dende a área que ela dirixe «se veñen realizando importantes investimentos nas diferentes áreas de xogo que temos ao longo de todo o término municipal de Moaña».

O Concello de Moaña levou a cabo ao longo dos últimos anos melloras de diferente calado na maioría das zonas de xogo infantil «intentando sempre mellorar a seguridade dos espazos, a accesibilidade naquelas áreas nas que era posible, e primando a instalación de elementos inclusivos ou/e novidosos», recorda a edil.

Reparáronse os parques da Fraga, da Guía, do Almacén en Domaio, de San Lourenzo, o Parque infantil de San Bartolomeu, o de Lola Diz, o do
Concello, do Vaticano, do Casal e o de Praia-Seara. O último foi o da Paradela, situado ao carón da PO-313, moi preto do Mirador da Fraga, que a semana pasada procedeuse á súa reapertura.

Estado no que quedou o parque tras o seu acondicionamento.

Este espazo de xogo non se puido reabrir ao mesmo tempo que o resto de parques de Moaña porque presentaba danos moi importantes no seu peche perimetral, había varias deficiencias nas losetas de caucho instaladas na área de caída dos xogos e era necesario facer varios traballos de reparación e restauración dos elementos de xogo alí instalados.

Dada a súa situación o goberno municipal executou con cargo aos orzamentos deste ano o seu acondicionamento e nesta actuación investiu preto de 9000 euros. substituíu todo o peche perimetral do parque infantil e instalouse unha valla de madeira técnica con maior durabilidade e resistencia, restaurouse o xogo combinado e o do muelle, ademáis do pórtico de columpios. Tamén instalouse un novo elemento consistente nunha torre doble e céspede artificial naquelas zonas nas antes había losetas de caucho deterioradas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *