A colocación por parte do Concello duns aparcabicis motivo ao equipo directivo do centro a solicitar á Policía Local unha xornada formativa, coa que os rapaces aprenderon como circular con este medio de transporte sostible pola vila
Cerca de 90 alumnos e alumnas de todos os cursos do CEP Sequelo participaron hoxe nunha xornada de mobilidade que lles permitiu aprender como chegar ata o seu centro en bicicleta. A xornada estivo impartida por dous axentes da Policía Local e voluntariado de Protección Civil.
A iniciativa naceu a raíz da instalación, por parte do Concello, dun aparcabicis no centro, polo que desde o equipo directivo solicitáronlle á Policía Local unha xornada formativa que lle ensinara ao alumnado nocións esenciais de seguridade viaria, focalizándose na coexistencia de bicicletas cos peóns e co resto do tránsito rodado.
Os participantes recibiron primeiro unha pequena sesión teórica, na que lles explicaron os elementos máis importantes da bici e en que estado deben estar para evitar problemas e accidentes. Despois, realizouse unha saída pola contorna do centro educativo, facendo un dos itinerarios máis comúns que farán os rapaces que queiran vir en bicicleta.
Con esta iniciativa, foméntase entre a mocidade o uso dun medio de transporte
non contaminante, como é a bicicleta, á par que se lles anima a levar hábitos de
vida saudables, cos que coidarse a si mesmos e ao medio ambiente.