O operario preparando os cemiterios para o Día de Todos os Santos.

Os propietarios de panteóns terán que levar a cabo labores de limpeza e de mantemento para garantir o bo ornato dos camposantos municipais

A pronta chegada do Día de Todos os Santos obriga a Marín a preparar os cemiterios municipais, para que estean en bo estado de cara á gran cantidade de persoas que esta fin de semana acuden a depositar flores e pregar polos seus seres queridos.

Por iso, tal e como é habitual, o Concello de Marín publicou un bando co obxectivo de sinalar as pautas de comportamento que se deben cumprir e respectar por parte de todos e todas, e que pode consultarse íntegro aquí.

Os propietarios dos panteóns deberán limpar os terreos, sepulturas e nichos dos mesmos e proceder ao pintado daqueles que o precisen para cumprir coas condicións estéticas e de harmonización co resto de panteóns. É preciso, antes de levar a cabo a actuación, avisar ao persoal do camposanto.

As actuacións que non precisan autorización previa (ao actuar sobre bens inmobles protexidos) son as da limpeza e retirada do po ou do lixo, sempre que non se requira de medios auxiliares que poidan comprometer a integridade do soporte. Sen embargo, estarán prohibidos os chorreos de area sobre a pedra vista e no caso dos chorreos de auga a presión, será preciso solicitar autorización á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No que respecta aos horarios, os días 31 e 1 ampliarase de 08.00 a 20.00 horas. Dentro dos cemiterios municipais, deberase manter en todo momento o respecto axeitado aos demáis usuarios e visitantes.

Por outra banda, o dispositivo de seguridade e control de acceso xa será o similar ao de outros anos, habida conta que non rexen apenas restricións específicas para este día en materia sanitaria, ademais das comúns ao resto de situacións, como o uso da máscara cando é preciso ou o mantemento da distancia interpersoal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *