O primeiro evento de videoxogos da nosa vila celebrarase o 6 e 7 de novembro na Raña
Achégase o I Marín Gaming Fest e moitos dos torneos que formarán parte do
evento de videoxogos da nosa vila comezan a reducir o número de prazas
dispoñibles. Tal e como informou a asociación Gaming Troop, encargada da
organización do evento, para o torno de Smash xa hai 57 inscritos, polo que só quedan cinco prazas dispoñibles.
Para League of Legends hai inscritos 22 equipos, o que suma 110 participantes
aproximadamente. O pasado sábado rematou o período de inscrición para este xogo, ca que a fase online de clasificación comezará xogarse hoxe.
No que respecta ao Fortnite, só quedan 5 prazas vacantes, xa que hai 55 inscritos ata o momento. E, finalmente, para Fifa21, hai 18 inscritos, polo que desde a organización animan a que os seareiros se anoten porque hai en xogo tres premios, con 50 euros no caso do primeiro posto. Todos os torneos serán retransmitidos a través da canle de Twitch de Gaming Troop (www.twitch.tv/gamingtrooppontevedra) e para las inscricións, pode accederse á plataforma a través deste link: https://linktr.ee/gaming_troop
Concurso de cosplay
Por outra banda, desde Gaming Troop avisan de que virán dous fotógrafos para inmortalizar ás persoas que participen no concurso de cosplay e contartase coa presenza como convidada dunha cosplayer local, Sandra Garo
(https://www.instagram.com/unskilledprojects/)