Edís do goberno local na presentación do programa.

A Concellería de Turismo de Moaña edita, como cada verán, o programa MOAÑA O TEU MELLOR VERÁN, que coordena as actividades culturais, deportivas e turísticas que se desenvolven na vila nos meses de xullo, agosto e setembro. Todas elas recollidas nun cartel turístico e un díptico co programa para que todo o mundo o poida recoller na Oficina de Turismo. En total, 45 eventos sen restricions.

O primeiro terá lugar el próximo fin de semana na cita coa música urbana e trap no Varadero Fest, que se celebrará no parque de Samertolameu. A seguinte festa será a de O Carme entre o xoves 14 e o luns 18 na contorna da praza de abastos. A Irmandade do Dolmen fará un recital polético pola memoria histórica o 16 de xullo. O 23, XX Festival de Bandas do Morrazo e, ao día seguinte, presentación da variante moañesa do Camiño Portugués pola Costa.

Un dos pratos fortes do verán será o Festival Intercéltico do Morrazo os días 29, 30 e 31 de xullo. Xa en agosto, a asociación Sueste organiza a 17ª Xuntanza de Embarcacións Tradicionais entre o 5 e o 7 de agosto, ao fin de semana seguinte VI Festival Jazz de Moaña na arboleda da Xunqueira e neses intres tamén celebraranse as festas de San Lourenzo en Domaio y de A Peregrina en Meira.

Na segunda quincena de agosto, festas populais en Bronlle e de Samertolameu, na parroquia de Meira. Na de Domaio, o 27, Festival Folclórico e, no ámbito deportivo, Desafío Delio Fernández o 28.

En setembro as actividades estarán concentradas ata o día 11 cando celebrarase a Festa da Bicicleta. Antes, o 3 e 4 terá lugar a VI Feira de Adopcións da Protectora do Morrazo, despois a semana cultural e as Festas dos milagres do 9 ao 11.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *