Un dos vehículos tras impactar contra una marquesina polo golpe do furgón.

Aparatoso accidente na PO-313, á altura do quilómetro 14 (A Marrúa-Sabaceda). Unha furgoneta saíuse da vía cando circulaba en dirección Moaña e impactou con dous vehículos que se atopaban estacionados na marxe dereita. Afortunadamente non houbo que lamentar feridos graves, só o condutor do furgón que tivo que ser trasladado en ambulancia con prognóstico leve. Ocorreu ás 11:40 horas.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local, Garda Civil e emerxencias do 061.

Os dous vehículos afectados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *